ACEBE CCA organiza a primeira edición do “BETANZOS SHOWROOM CELEBRA” CUNHA DUCIA DE EXPOSITORES

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, organiza a primeira edición do BETANZOS SHOWROOM CELEBRA, un evento que se desenvolverá durante toda esta fin de semana no Edificio do Matadoiro, no barrio de A Ribeira.

Nesta primeira edición de BETANZOS SHOWROOM CELEBRA participarán doce expositores de diversos sectores relacionados coa organización de eventos: noiva, noivo, comuñón, perruquería e maquillaxe, fotografía, viaxes, animación, música, catering… A decoración do recinto conta coa colaboración de Flores Dans. Participarán: Bicoca Moda Home, Cuore Boutique, Larpeiradas Babel, Artesa da Moza Crecha, Xoma Kids, Fuchica Na Testa, Zafiro Tours, Selperia, Disco Móvil Sebas 21, Compás Proxectos, SV Estética e Soloe Viajes

O horario será ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas tanto o sábado 26 como o domingo 27. A entrada será gratuita e o recinto contará con todas as medidas de prevención da Covid-19 vixentes.

BETANZOS SHOWROOM CELEBRA está organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos coa colaboración do Concello de Betanzos, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.