BFFood: Clusaga e FEUGA organizan unha xornada informativa sobre a 5 Edición de BFFood

BFFood

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), vén de lanzar a convocatoria de presentación de proxectos para formar parte da súa V Edición, que permanecerá aberta ata o 20 de decembro.

Para realizar unha retrospectiva de edicións anteriores e afondar nos programas e recursos que ofrece a aceleradora na súa V Edición, Clusaga e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), entidade colaboradora e membro do Comité Técnico de BFFood, organizan o Infoday da V Edición da aceleradora.

Esta xornada informativa, que reunirá a autoridades, grandes empresas e startups representantes de BFFood, terá lugar o 4 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Auditorio do Edificio FEUGA, en Santiago de Compostela. Para participar é obrigatorio inscribirse previamente a través deste formulario.

BFFood

Programa do Infoday

Tras a benvida de representantes de GAIN, Clusaga e FEUGA, terá lugar un relatorio sobre ecosistemas de emprendemento e innovación en España a cargo de Emilio Corchado, CEO e Fundador de Startup Olé e director de CYL-HUB.

A continuación, representantes de SENSESBIT by Taste Lab, Healthinfoods e Muutech integrarán a mesa redonda “Casos de éxito de participación en BFFood”, que contará con Chini Porro de Nueva Pescanova coma moderadora, sendo esta unha das 22 empresas tractoras da aceleradora.

Tras estas intervencións, terá lugar a presentación da V Edición de BFFood por parte de Xosé Ramón Vázquez, responsable da aceleradora en Clusaga; Noelia Vilar, directora de Innovación e Transferencia Tecnolóxica de FEUGA; Higinio Mougán, director xerente de AGACA; e Mª Angeles Romero, catedrática da Área de Tecnoloxía dos Alimentos da USC.

Unha vez abordados todos os detalles desta nova convocatoria e tras o peche institucional a cargo de IGAPE e Clusaga, darase paso ao coffee networking.

V Edición de BFFood

A V Edición de BFFood busca proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos do sector alimentario galego. Os proxectos seleccionados optarán a programas de coaching, formación especializada, acceso a infraestruturas científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiamento directo e