Juan Díaz Villoslada presenta a súa renuncia como concelleiro

Juan Díaz Villoslada

Juan Manuel Díaz Villoslada presentou esta mañá a súa renuncia como membro da corporación municipal da Coruña tras preto de tres años nos que desenvolveu as competencias de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade.

A alcaldesa, Inés Rey, que asumirá temporalmente as súas funcións, agradécelle o traballo desenvolto durante este mandato á frente destas áreas de goberno e deséxalle sorte na nova etapa que comeza fóra da política activa.

A renuncia de Diaz Villoslada como membro da corporación farase efectiva no pleno ordinario do vindeiro xoves 10 de marzo