Máis de 13.000 persoas asistiron aos espectáculos das Festas do Rosario

Máis de 13.000 persoas asistiron aos espectáculos e actividades postas en marcha polo Concello con motivo das festas do Rosario. Kiko Veneno, Zenet, Cariño e Garufa Blue Devils actuaron por primeira vez na rúa San Andrés tras a aposta do goberno de Inés Rey pola revitalización desta rúa coa súa peonalización as fins de semana.

A programación musical complementouse con música tradicional, corais e espectáculos infantís en todos os barrios da cidade. O Concello quixo impulsar con esta ampla programación cultural a festividade do Rosario co obxectivo de poñer a disposición de toda a cidadanía actividades e espectáculos para todos públicos. Coas actuacións desta fin de semana, A Coruña convértese nunha das primeiras cidades de Galicia en programar concertos de pé.

En palabras da Alcaldesa, Inés Rey “quixemos recuperar a programación destas festas co obxectivo de ofrecer actividades culturais e de ocio aproveitando o levantamento das restriccións e seguir apostando por invertir no sector cultural como fixemos dende o inicio da pandemia”.
Ademáis das actuacións de San Andrés, o Concello apostou pola música tradicional e as corais e programou unha actuación da Banda Municipal o domingo na praza de María Pita. A danza tivo tamén un papel central co Festival 15 Gotas de Danza no Castelo de San Antón.
A programación infantil “O Rosariño” chegou a todos os barrios da cidade ofrecendo espectáculos de títeres, pasacalles e teatro infantil con actuacións como “A lenda de Hércules”, ou o espectáculo itinerante “O mundo do circo”.

lProgramación do martes 12
O Concello decidiu ampliar a programación ata o martes, con motivo da festividade da Hispanidade. Os títeres “A lenda de Hércules” estarán ás 12.30 horas na rúa Barcelona e nas Conchiñas.

 

Ademáis continuará o Festival de Música Tradicional coas actuacións na mañá do martes de Eidos na Cidade Vella e María Pita, Cántigas da Terra na Praza das Conchiñas e rúa Barcelona, Donaire nos Os Rosais e Son d ́aquí no Ventorrillo.
Pola tarde será o turno de Pandereteiras sen fronteiras no Ventorrillo e rúa Barcelona e da Trova Coruñesa na Igrexa do Ventorrillo. O peche da programación terá lugar na Capela das Capuchinas co Festival de Corais da man da ONCE e Cantabile.