O espectáculo teatral ‘Fariña’, que superou os 50.000 espectadores e espectadoras desde a súa estrea, desembarca esta fin de semana ao Teatro Colón con seis funcións

Esta fin de semana, o Teatro Colón abre as portas a un dos pratos fortes da súa programación cultural neste mes de marzo. ‘Fariña’, o espectáculo teatral levado aos escenarios polo xornalista coruñés Nacho Carretero e o actor e humorista cullerdense Xosé Antonio Touriñán, superou os 50.000 espectadores desde a súa estrea.
Na Coruña, deleitará ás persoas asistentes con seis funcións de venres a domingo.

‘Fariña’, unha adaptación da exitosa novela homónima de Carretero, narra a historia do narcotráfico en Galicia nas derradeiras décadas do século pasado, abordando o fenómeno das primeiras descargas de tabaco nas poboacións do litoral e a chegada posterior das substancias estupefacientes. É, pois, un percorrido fiel por un capítulo oscuro da historia galega, que tamén aborda, desde a proximidade, a realidade das familias que sufriron as
consecuencias do narcotráfico, o que leva aos espectadores a unha reflexión posterior. É outro dos obxectivos desta viaxe no tempo encabezada polo ourensán Tito Asorey, director dunha peza teatral que conta, no seu elenco de protagonistas, con Sergio Zearreta, Marta Lado, César Goldi, Oswaldo Digón e Graciela Carlos.
Hai funcións previstas o venres 18 (20.00 e 23.00 horas), o sábado 19 (18.00 e 21.00 horas), e, xa por último, o domingo 20 (17.00 e 20.00 horas).

As entradas para o espectáculo custan de 16 a 22 euros, e están á venda a través da páxina web Ataquilla.com e no despacho de billetes central do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) da praza de Ourense (de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas). Os pases poderanse adquirir tamén o día da función, no despacho de billetes do Teatro Colón, desde dúas horas antes do comezo da sesión, sempre que haxa entradas dispoñibles.

O cumprimento das pautas e medidas sanitarias contra a Covid-19

Durante a sesión, e en virtude das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19, será obrigatorio o uso de máscaras para os asistentes. Ademais, e en todo momento, tanto na agarda, acceso e estancia dentro do recinto, as usuarias e usuarios deberán seguir as instrucións do persoal.

Por outra banda, non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa Covid-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e as que non finalizasen o período de illamento, así como as personas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa afectada por síntomas
ou diagnosticada da Covid-19