O FESTIVAL RESIS 2022 CONVERTE Á CORUÑA NA CAPITAL ESPAÑOLA DA MÚSICA CONTEMPORÁNEA

Desde o 21 de abril ata o 4 de xuño, A Coruña será a capital referente da música contemporánea en España. A Asociación Cultural Aïs presentou as grandes liñas da V edición.

Figuran novidades destacadas como a estrea en Europa de obras de artistas internacionais, a conmemoración do centenario de Xenakis -un dos grandes compositores do século XX- ou a presentación da nova formación de música contemporánea: Arxis Ensemble.

Hoxe foi presentada no Pazo de María Pita a nova programación, respaldada e co- patrocinada polas principais institucións culturais: Concello da Coruña, Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e a Cidade da Cultura; ademais de firmas como Gadis, o Despacho de abogados Caruncho&Judel e Zapata y Garrido Asesores, xunto a entidades de prestixio como a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal da Coruña, a Fundación Luis Seoane, o Museo de Belas Artes e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), entre outros. Na presentación do festival estiveron presentes a alcaldesa de Coruña, Inés Rey; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director artístico do festival, Hugo Gómez-Chao.

A alcaldesa de Coruña celebrou a quinta edición desta cita “que converte á Coruña nun referente

da música contemporánea, impulsando o talento internacional pero tamén o galego”.

Pola súa parte, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, recalcou a triple colaboración “entre as administracións que colaboramos neste festival: Xunta, Concello e Deputación”.

Por último, o director artístico do festival, Hugo Gómez-Chao, destacou que o festival “supón a estrea en España de case a totalidade da programación”