Aberta a primeira fase de presentación de propostas dos Orzamentos Participativos 2021

Este ano o Concello da Coruña pon de novo en marcha o programa de Orzamentos Participativos. A través desta ferramenta, a cidadanía da Coruña pode escoller a que destinar 2,5 millóns de euros do orzamento municipal de 2022.

Dende o luns 20 de setembro está aberta a primeira fase polo que xa se poden facerpropostas de investimentos na nova plataforma de participación https://nacorunacontas.coruna.gal/, sendo necesaria a verificación dunha conta de persoa usuaria, ainda que, se xa participaches nos Orzamentos Participativos anteriormente, a túa conta de persoa usuaria permanece activa.

Poderás presentar propostas de investimento ata o día 4 de outubro.

Para poder participar nesta convocatoria a través da plataforma dixital,  as persoas usuarias que xa tedes participado en anteriores convocatoriasdeberedes rexistrarvos de novo e verificar os datos igualmente, recomendándose utilizar no proceso de rexistro a mesma dirección de e-mail que nas convocatorias pasadas.

No caso de ter utilizado no seu momento unha dirección de Gmail, tamén é posible utilizar a opción de «Entrar > Iniciar sesión con Google» sen necesidade de rexistrarse de novo.

Se ainda tes dificulatades, para solucionar problemas de acceso podes chamar ao 010.

Este ano, tamén é posible participar de xeito presencial nos rexistros municipais, nas oficinas de María Pita, Ágora e Fórum. Para a presentación de propostas nos rexistros deberase completar unformulario específico e solicitar cita previa a través do teléfono de atención cidadá 010 ou a través da páxina web do Concello da Coruña,sempre indicando expresamente que a cita é para a participación presencial no Programa de Orzamentos Participativos.