Este ano Oficios en acción terá lugar no Centro Cultural Ágora da Coruña (Avda. Gramela, 17, 15010 A Coruña) www.bit.ly/centroagora
Organizada pola Asociación Galega de Artesáns, coa axuda do Concello da Coruña. A iniciativa encádrase nos Días europeos da Artesanía, promovidos en España pola Fundación EOI – Fundesarte, adscrita ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e en Galicia pola Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Este ano celebraranse obradoiros artesáns demostrativos e participativos de diferentes oficios, abertos a todos os públicos. Nestes últimos haberá que inscribirse para garantir a praza nun día e hora determinados ata completar ás prazas dispoñibles, aínda que existe unha lista de agarda para cubrir posibles baixas. A inscrición farase por rigoroso orde de rexistro.
Dous días para celebrar a festa da artesanía. O sábado, 2 de abril en horario de 11 a 14 e de 16:30 a 20:30 h, e a mañá do domingo, 3 de abril, de 11 a 14 h. A participación é gratuita e para tódolos públicos (excepto o obradoiro de esmalte aó lume que é para maiores de 10 anos). E salvo nos obradoiros de xoiería e coiro que requiren uns coñecementos básicos de ferramentas comúns, non é necesario ningún coñecemento previo.
Cada un dos obradoiros participantes despregará un atractivo programa de introdución aos seus respectivos oficios do mellor modo posible: invitando os visitantes a poñerse mans á obra!
Actividades de demostración de oficio Olería
Impartido pola artesá Pilar Gómez do obradoiro Marilá, mostrará as ferramentas e técnicas básicas da olería tradicional. Por participación voluntaria poderás subir ao torno para experimentar a creación dunha peza. A cita será o domingo, 3 de abril de 11 a 14 horas.