- Os beneficios da obra, que narra a historia de Sidi e o seu pai acolledor, serán destinados a ONG Tierra de Hombres, coa que o autor mantiña unha estreita colaboración
- Na presentación participarán a viúva do autor, a irmá e ilustradora da obra
Lino Braxe
Hércules de Ediciones presenta este luns, 23 de maio, “Sidi, un viaxe cara a vida”, o libro póstumo de Lino Braxe. No acto, que terá lugar na Biblioteca do Fórum Metropolitano, ás 19h, participarán María Braxe, irmá de Lino e autora das ilustracións; Xanina Fernández, viúva do escritor; a editora de Hércules, Laura Rodríguez, e Raúl Besada, delegado de Tierra de Hombres en Galicia, ONG á que irán destinados os beneficios dos autores e coa que o autor mantiña unha estreita colaboración.
De feito, a historia de Sidi, o rapaz protagonista do libro, que desde un remoto lugar situado entre dous mundos emprende unha viaxe física e emocional que cambiará para sempre a súa vida e a de Raúl, o seu cariñoso pai acolledor, é un exemplo do traballo que fai o programa “Viaxe cara a vida” da entidade solidaria. A publicación está editada en galego e castelán.
Sobre o autor
Foi así mesmo un dos fundadores da revista Luzes de Galiza e dirixiu ata o seu pasamento o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Este libro é unha mostra da súa xenerosidade e da súa implicación no traballo da ONG Tierra de Hombres, coa que colaborou desde o principio.Poeta, narrador, actor e dramaturgo, Lino Braxe comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, do Centro Dramático Galego e Malbarate, entre outras, e tamén foi actor de dobraxe e locutor de RNE durante dez anos, tempo no que adaptou para a radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.