Durante o mes de setembro iniciaranse sete novos itinerarios formativos con prácticas en empresas, nos que se formarán máis de 100 persoas, nas seguintes especialidades:
- Carnicería e elaboración de produtos cárnicos
- Nutrición e dietética en xeriatría
- Actividades auxiliares de comercio
- Elaboración culinaria básica
- Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil
- Socorrismo en instalacións acuáticas
- Xestión de arquivos
A través do proxecto Coruña Suma, o Servizo Municipal de Emprego conseguiu que máis de 450 persoas desempregadas accedesen a un posto de traballo, delas 250 foron mulleres.
A partir do mes de outubro abriranse novas especialidades profesionais vinculadas á hostalería, actividades de lecer e tempo libre educativo infantil e xuvenil, programación en Java e outros da rama administrativa e sociosanitaria.
Se che interesa recibir información sobre este proxecto, ponte en contacto co Centro Municipal de Emprego dos Rosales chamando ao 981 184 399 ou manda un correo electrónico a coruna.suma@coruna.gal co teu nome e o teu número de teléfono e contactaremos contigo.